O CHOUPÍN - MACROLEPIOTA PROCERA

É un cogumelo de gran tamaño, comestible, apreciado e de requerimientos ecolóxicos como saprófito. De feito, o corpo de froitificación pode chegar ós 40 cm de altura sendo visible desde lonxe, o que facilita a súa búsqueda. A súa cor, así como a forma de auténtica sombrilla fan que sexa sinxelo de identificar. Ten un sombreiro de 10 a 30 cm de diámetro, de cor blanquiña con características manchas pardas e concéntricas, que no son outra cousa que desgarraduras da cutícula, típicas do xénero Lepiota en sentido amplo. No centro do sombreiro, a mancha marrón faise máis marcada e extensa. As láminas son brancas ou lixeiramente amarelas, numerosas e moi xuntas, libres. O pé é longo e fibroso, de 15 a 30 cm de altura, con un típico debuxo pardo atigrado con bandas xaspeadas que semellan pel de serpe e bulboso na base, e sepárase sinxelamente do sombreiro, deixando unha superficie limpa. Unha peculiaridade é que presenta un anel que se despega do pé, polo que pode subir e baixar sen desprenderse (anel móvil). A esporada é branca e as esporas -de tamaño considerable- dispérsanse polo vento a enormes distancias o que fai que este cogumelo se teña extendido en gran parte do mundo en rexións de clima templado e cálido. A carne é branca, terna, con certo cheiro e sabor a avelá ou noz.

Atopado e sigue no poblado de Viana do Bolo

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Gracias por dar vida a este blog con tu comentario.

Entradas populares de este blog